O
Café das Artes comeza a súa andadura no ano 1996. Aínda
que nos últimos anos está levado por Chus Rodríguez,
dende o principio atendérao tamén coa súa irmá
María. Na actualidade é un espacio expositivo permanente,
con obra de autores locales e foráneos, e nel celebráranse
diversas actuacións de distinta índole. No Café
das Artes reunírase por primeira vez o grupo cultural que fora
o xérmolo e
xestación
do "Certame Mundanal de contos Ultralixeiros" en cuxas bases
se impoñía que "a extensión máxima
dos relatos habería de ser de 33 palabras" e que contou
con autores premiados que son de sobra coñecidos no mundo das
letras galegas: Jaureguizar, Isidro Novo, ou Rafa Villar.O seu xurado
contou na última edición coa colaboración dos
escritores
Xosé Miranda e Paco Martín. E con celebrantes pregoeiros
da ímdole de Paco Pestana. Nos seus premios, aparte dunha obra
orixinal dun artísta plástico, facíase entrega
dunha cachucha e demais ingredientes dun bó cocido, ou un chuletón
de grandes dimensións, e de indiscutible "calidade galega"
ou dunha grande cesta de cereixas da
ribeira
chantadina.
volver